Xa que me meto nesta movida coméntovos que este curso visitei 14 colexios. En 5 deles o profesorado dirixiuse en todo momento tanto a min como ao seu alumnado en castelán ao longo de toda a actividade, e en 3 en castelán ao seu alumnado e en galego a min. Entre todos lo mataron y él solito se murió.
Comments
Eran todo colexios ou tamén institutos? Que Departamento organiza iso para que falar galego non sexa parte do obxectivo da actividade? Nin o de Lingua Galega nin o de Normalización Lingüística? Ou é que xa nin eses profes falan galego?