As follas de gingko teñen algo que ver co poema de Goethe e o gingko biloba? Ou o meu xermanismo despístame e teñen un significado completamente diferente?
O primeiro deles: buah semanas dándolle ao tarro pensando como ía quedar mellor. Este: cheguei alí e díxenlle, mira tía, o que se che ocorra deste palo.
Pois mirade o romántico que me pareceu (no sentido amplo e no sentido estrito do Romantismo alemán), que imaxinei que igual as follas tiñan para ti e para a @birgisdottir.bsky.social o significado que lle deran Goethe e Marianne: un ser que se dividiu en dous ou dúas follas que se funden nunha?
Comments