Serie. Twin Peaks. Tempada 2. É curioso porque se nota cando Lynch deixa de colaborar no guión e cando volve para encarrilar o final da serie. Máis dun tercio da tempada ten moi pouco que ver co resto e nótase que reutilizan personaxes como poden pero nunca é aburrida. O final é brutal.
Twin Peaks: Fire Walk With Me. Funciona como precuela pero hai que vela logo das dúas tempadas orixinais da serie. Desfaise de todo o mamarracheo da serie e mostra a realidade dos últimos días de Laura de forma cruda, o que lle da moita máis dimensión á personaxe. Moi boa pero deixoume mal corpo.
Comments