Profile avatar
alvarellos.bsky.social
Factoría de contidos culturais dende 1977. Editorial independente. Desde Galicia. #LibrosQueInspiran www.alvarelloseditora.gal
50 posts 175 followers 71 following
Prolific Poster

Foi un pracer ver cheo o auditorio da #CasaDaCultura de #Pontedeume, para coñecer a relación de #FedericoGarcíaLorca con #Galicia. E asistir ao concerto de #XoánRubia e #DanielAdzemian. Grazas ao #AteneoFernánMartís e a #PepeBarro polo convite. E a todas as persoas asistentes!

Gran entrevista no #ZigZag @tvgalicia.bsky.social a #MariaAlvarezLandesa, este venres, no Día da Poesía, pola súa obra «Os pozos elegantes das clavículas» (Alvarellos Editora). Paga a pena escoitala toda (8 min). Con #PilarGarcíaRego www.g24.gal/-/-maria-alv...

Este venres, en #Pontedeume, contarei a historia de #GarcíaLorca en #Galiza. A fascinación que sentiu pola nosa cultura e lingua. Acompañarei a charla con algunhas imaxes e manuscritos. Vémonos na #CasadaCultura-Praza do Convento, ás 19:30 horas. Será un pracer compartir xornada con #XoánRubia.

#Vigo é unha cidade única pola súa aportación ao #atletismo galego. O veterano xornalista deportivo #EmilioNavaza regresa cunha crónica incrible sobre o deporte rei nesta cidade. Máis de 80 imaxes históricas. alvarelloseditora.gal Colaboran: #ConcelloDeVigo #Deportegalego

As #ComadresdasLetras presentaron este 8M na librería @LiladeLilith de #Compostela o seu novo libro colectivo: «Cereixas roubadas» (#AlvarellosEditora). Recitaron o #renga que abre a obra, o xénero de poesía colaborativa, de orixe xaponesa. O volume rende homenaxea #LuísaVillalta.

A sensibilidade é un agasallo. Sentir é existir! «A PÉS DESCALZOS» é o novo #álbumilustrado do noso selo #Verdemar. Unha creación da terapeuta e ilustradora polaca #KatarzynaSamosiej. Traducido ao galego por #AnaGarrido. Sabes o que é unha Persoa con Alta Sensibilidade? +info alvarelloseditora.gal

@josefloresautor.bsky.social traza aquí un documentado, sedutor e moi inspirado perfil de #ÁlvaroCunqueiro, inventor, como el di, do «periodismo mágico», e lembra dous dos nosos títulos do gran escritor, «El Camino de Santiago» e «Viaje a Lugo» Paga a pena lelo. josefloresautor.com/cunqueiro-un...

#MaríaÁlvarezLandesa fai deste poemario a presenza eterna dunha nai que para sempre acompañará a quen perdeu a súa condición de filla. Un poemario que procura na infancia a comprensión dunha vida" @ramonrozasiii.bsky.social www.galiciae.com/opinion/ramo...

Así loce o novo #álbumilustrado de #AnalópezQuintela, QUE HABERÁ NA BARRIGA DE MAMÁ? no escaparate da #LibreríaFollasNovas de #Compostela.

Un domingo 2 de marzo, de 1856, celebrouse o histórico #BanqueteDemocráticodeConxo. Organizado por unha xeración única de estudantes de #Compostela. Aquel acto permanecería vivo na memoria colectiva da nosa Terra, ata hoxe. Hai dez anos, publicamos o seu libro. alvarelloseditora.gal/libro/os-ult...

Xa nas vosas librarías. Ferrín x 3. #RosalíaenFamilia #PrimeirofoiGalicia #CastelaoéNoso + info en: alvarelloseditora.gal

Gran presentación hoxe en #LibreríaFollasNovas de Santiago do novo álbum ilustrado de #AnaLópezQuintela: QUE HABERÁ NA BARRIGA DE MAMÁ? (#Verdemar). A autora estivo acompañada polo sociólogo #JorgeGarcíaMartín e polo seu editor #QuiqueAlvarellos [Imaxes: #IriaLiñares]

ROSALÍA EN FAMILIA é o novo conxunto de ensaios breves e poemas reunidos de #MéndezFerrín, que hoxe fomos entregarlle ao autor. Unha obra ao coidado de #FernandoRamallo @uvigo.bsky.social. Crónica, ensaio, memoria persoal... #RosalíadeCastro, por Ferrín. + info alvarelloseditora.gal/libro/rosali...

Gran xornada onte en #Madrid, na presentación de EL CAMINO DE SANTIAGO, o libro esquecido de 1965 de #ÁlvaroCunqueiro. Grazas a todas as persoas que nos quixestes acompañar e escoitar e á #CasadeGalicia, pola acollida. Con Cunqueiro abrimos en 2005 a nosa premiada #ColecciónRescate.

Hoxe, en @elcorreogallego.es

Acaba de chegar do prelo. Xa podedes ir encargándoo na vosa libraría. #XLMéndezFerrín

Ampla reportaxe de @eduardobarba.bsky.social @elpais.com sobre as flores ventureiras, esas que medran espontáneas en monumentos e cidades. Entrevista a #JoséAntonioDíazPeromingo, autor da orixinalísima LA CIUDAD DONDE LAS PIEDRAS FLORECEN, que publicamos en 2012. elpais.com/estilo-de-vi...

www.lavozdegalicia.es/noticia/fuga...

Unha presentación... para todas as familias. Será o sábado 22 ás 12 h. na librería #LibreríaFollasNovas de Santiago de Compostela. O novo álbum ilustrado de #AnaLópezQuintela, titulado QUÉ HABERÁ NA BARRIGA DE MAMÁ? e que publicamos no noso selo infantil #verdemar_libros.

Levamos a #Cunqueiro a #Madrid. O martes 18, presentamos na #CasadeGalicia, o libro esquecido de 1965: EL CAMINO DE SANTIAGO. Participarán a especialista #ChusNogueira, o director de Turismo da Xunta, #XoséManuelMerelles; o director da Casa de Galicia, #LuisERamos, e o editor #HenriqueAlvarellos.

«Que haberá na barriga de mamá?», o novo e orixinal conto de #AnaLópezQuintela que chega estes días ás vosas librarías. +info, aquí: alvarelloseditora.gal/libro/que-ha... Contos #Verdemar pola Diversidade. Álbums ilustrados para primeiras lecturas.

As #ComadresdasLetras xa están de volta. Con estas «Cereixas roubadas» que axiña poderedes ler, unha a unha, ou por presadas. Trece singulares voces que renden homenaxe a #LuísaVillalta. Nuns días irán chegando ás vosas librarías. + info: alvarelloseditora.gal/libro/cereix...

A obra colectiva ENTREMURALLAS. LUGO, PATRIMONIO Y ARTE, coordinada por #MiriamElenaCortés, foi presentada hoxe na @facultadexh.bsky.social da #USC. Nun acto presidido polo decano @antoniomiguez.bsky.social. Reúne os traballos de 14 especialistas e rende homenaxe póstuma á profesora #AnaGoyDiz.

Mañá (20 h), #XesúsAlonsoMontero presenta no Club @farodevigo.es o libro que reúne algúns dos seus mellores discursos: PALABRAS PARA O NOSO TEMPO. Será presentado por #OliviaTudela, responsable da edición, e por #CarmenBlancoRamos, quen se ocupou da gravación e transcrición. (Os tres, na imaxe).

#Axenda 📗 @alvarellos.bsky.social ✍️

Celebramos, con @elcorreogallego.es, os nosos 20 anos de edición en #SantiagoDeCompostela. Grazas a #CharoBarba pola entrevista!! www.google.com/amp/s/www.el...

Esta tarde, #XurxoMartínezGonzález recibiu na #CasadeRosalía e de mans do seu presidente, #AnxoAngueira, o «Premio Baltar Feijoo» de Investigación polo seu traballo sobre #AntolínFaraldo titulado «Querida Liberdade», que publicamos en 2022 na Col. Rescate + info alvarelloseditora.gal/libro/querid...

Méndez Ferrín condensado en dous breves ensaios: "Castelao é noso" e "Primeiro foi Galicia", en @alvarellos.bsky.social. alvarelloseditora.gal/libro/castel... #librogalego #agasallacogalego #agasallaengalego

📝 A Asociación Galega de Editoras renova a súa Xunta Directiva www.editorasgalegas.gal/a-asociacion...

No medio dunha viaxe de traballo hoxe en #Barcelona puidemos descubrir o abraiante #Museo que na cidade honra a un dos artistas máis impactantes e rompedores do noso século, o misterioso e único #Banksy.

Onte, arredor de #ÁnxelCasal. No Día da Edición en Galicia. Despois da ruta polos espazos de memoria deste primeiro editor moderno do noso país. Casal creou hai un século a editorial #Lar, xunto con #LeandroCarré.

Arredor de cen persoas asistiron este xoves no #ConcelloAGuarda á presentación do libro gráfico PIUEIRO. CADERNO DA TRIPULACIÓN (Alvarellos Editora), un volume ideado polo fotógrafo #ManuelÁlvarez e que conta cos versos de #MartaDacosta Foi impulsado pola #AsociaciónPiueiro da Guarda.

O noso 2024. Capa a capa. Felices lecturas! Con: #XLMéndezFerrín #XurxoAlonso #GrupoIacobus #JoséMiguelValle #RamóndelValleInclán #AsociaciónPiueiro #MariaAlvarezLandesa #XesúsAlonsoMontero #OliviaTudela #CarmenBlancoRamos #ChusNogueira #ÁlvaroCunqueiro

Así de ben loce esta QUERIDA LIBERDADE. VIDA E OBRA DUN PRECURSOR DO REXURDIMENTO, de #AntolínFaraldo. A edición e estudo de #XurxoMartínezGonzález, xa condecorada co "Premio de Ensaio Baltar Feijoo 2024" que vén de conceder a @casaderosalia.bsky.social .

Este xoves presentamos en #AGuarda PIUEIRO. CADERNO DA TRIPULACIÓN, impactante e coidado volume que rende homenaxe, a través de 20 retratos do fotógrafo #ManuelÁlvarez e dos versos de #MartaDacosta, ao mundo mariñeiro da Guarda. Co impulso da #AsociaciónPiueiro. + info en alvarelloseditora.gal

Presentamos en #Lugo ENTREMURALLAS. A obra colectiva impulsada polo #GrupoIacobus onde 14 especialistas, coordinados por #MilenaCortésLópez, renden homenaxe póstuma á profesora #AnaGoyDiz. O acto encheu o Salón de Graos da #FacultadedeHumanidades de Lugo. +Info en: www.alvarelloseditora.gal

Excelente campaña da Fundación Xistral a favor do libro galego. youtube.com/watch?v=UwfV...

Este martes estaremos na #FacultadeHumanidades de #Lugo [12 h] presentando ENTREMURALLAS, volumen colectivo impulsado por el #GrupoIacobus da #UniversidadedeSantiago. Coordinado por #MiriamElenaCortés, conta coa colaboración de 14 especialistas en arte e patrimonio da Cidade das Murallas.

📝 El Correo Gallego recolle a actividade da AGE na recente edición da FIL Guadalajara * * * A Asociación Galega de Editoras viaxou a México ⬇️ www.elcorreogallego.es/sociedad/202... @alvarellos.bsky.social @silbeca.bsky.social

Este xoves, no #SantoCoyote de #Guadalajara. Despedida dunha semana inesquecible en terras mexicanas. @filguadalajara.bsky.social

Con #JMAnta, xerente do Gremio de Editores de España; #SilviaBello, técnica das @editorasgalegas.bsky.social; #AlmudenaHernández, subdirectora do #MinisteriodeCultura e #XoséBallesteros, director de @kalandraka.bsky.social, onte durante as actividades da AGE na #FeriadeGuadalajara-México.

Estamos moi contentxs porque o gran traballo de #XurxoMartínez sobre #AntolínFaraldo que publicamos na nosa #ColecciónRescate vén de ser recoñecido co #PremioBaltarFeijoo. Mil parabéns, Xurxo! E pola memoria do revolucionario Faraldo!!!

A derradeira novidade do ano chega estes días ás librarías. É outra xoia, en continente e contido. Este PIUEIRO. CADERNO DA TRIPULACIÓN é un proxecto gráfico ideado polo fotógrafo #ManuelÁlvarez e que conta coa palabra poética de #MartaDacosta. Unha homenaxe ao mundo mariñeiro de #AGuarda.

Abrimos a semana profesional na Feira International do libro de Guadalajara, cun encontro co director de Publishnews_es, Lorenzo Herrero, o maior medio de noticias do mercado editorial iberoamericano que nos apoiou coa difusión da nosa presenza na FIL. @alvarellos.bsky.social @silbeca.bsky.social

Chegamos á capital do estado do #Jalisco despois de 12 h 30' de voo. Participaremos ata xoves, con @editorasgalegas.bsky.social,na gran Feria Internacional del Libro de Guadalajara [Por certo: por aquí andan os ecos «de un tal #PedroPáramo». Aproveitamos para relelo no voo].

Hoxe, en @NósDiario.

Esta edición, que acabamos de publicar, é quizais unha das máis atractivas (en continente e en contido) das que levamos feito todos estes anos. Mesmo no tacto e no xeito en que abren as páxinas... é unha delicia! "Jardín umbrío" de Ramón María del Valle-Inclán. Edición facsimilar (1920).