Profile avatar
carloscallon.bsky.social
Os meus últimos libros son Vidas e historias LGBT da Idade Media e Maxicamente vella, eternamente nova: a literatura tradicional galega.
62 posts 708 followers 87 following
Prolific Poster
Conversation Starter

Vidas e historias LGBT da Idade Media no Zig Zag Diario da TVG. Coñeces todos os relatos e retratos que poboan as súas páxinas e que nos permiten ter unha imaxe máis fidedigna e plural do pasado? Vas ficar coa boca aberta! 1/5

Chámanme dun concello para unha conferencia sobre a literatura tradicional, polo meu libro 'Maxicamente vella, eternamente nova'. O acto sería o último domingo de abril ao mediodía, no marco doutros eventos municipais, con música e actuacións diversas. 1/4

Domingo estiven un bo tempiño a asinar exemplares de Maxicamente vella, eternamente nova: a literatura tradicional galega. A verdade é que son moi feliz nestes eventos, e as fotos espéllano 😃

Cartaces que se ven polas rúas de Compostela 😍

María e Uxía saben ler nos libros e dialogar con eles. Imaxinade a miña emoción cando, esta fin de semana, chegaron con cadanseu exemplar de Vidas e historias LGBT da Idade Media e Maxicamente vella, eternamente nova, ambos cheíños de marcas e anotacións.

Boas novas! Presentamos a escola de primavera, unha xornada de formación centrada na memoria LGBT+ e no asemblearismo. Apúntate e participa! Onde? Asociación Cultural Alexandre Bóveda, A Coruña. Cando? O 22 de marzo. forms.gle/8TQ2EdgF4Eww...

Falar a lingua propia todos os días, en todos os sitios, con todas as persoas.

@carloscallon.bsky.social vês? Não che dizia mentira, tenho-o duas vezes. E desse-lhe à @lauramcastro.bsky.social para saudar-te mas deu-lhe vergonha 😅

Con pequenas modificacións (nas versións máis antigas voltan da emigración e nas máis novas dunha cidade), este conto leva recolléndose desde hai tres séculos. Non queremos ter que andar pisando máis enciños. Queremos vivir con normalidade na nosa lingua propia ♥️🩵

Na véspera dun día grande, que nos dará forza para continuarmos coa sementeira todos os días. Queremos galego!

Olvidáchesme, olvideite, agora non nos amamos; irémonos, pois, a poñer no libro dos olvidados. 💔 Maxicamente vella, eternamente nova. A literatura tradicional galega ❤️‍🩹

Hoje tocou vestir a equipação de @queremosgalego.gal e rodear-se de boa gente (valha a redundância), boas vibrações e sair com imensa energia! 🩷💙 #LínguaVitalJÁ

Esta fin de semana vou repartir literatura, investigación e reivindicación. Se queres saber curiosidades sobre o galego, lercheos sobre a vida LGBT da Idade Media, dunha ligazón inesperada entre Rosalía de Castro e C. Tangana, ou levar un libro asinado, pasa a dar un ola! 😊

Achégate á próxima xuntanza do noso clube de lectura para falar de Vides e historias LGBT da Idade Media de Carlos Callón. Vémonos o próximo mércores 12 de marzo ás 18h na Libraría Lila de Lilith!

🤖🎬 ACLP ROXÍN ROXAL acaba de publicar o vídeo "O Libro negro da lingua galega. Conversa con Carlos Callón". Dálle unha ollada en https://www.youtube.com/watch?v=lQzjyg53d8U #GalegoTube #Youtubeiras #ObradoiroDixital

Onte falábamosvos de eventos efémeros, mais hai outros que fican para sempre. E non, non falamos só da memoria, senón desta marabilla de capítulo de podcast: 📍Casa da Calzada (Exposalnés). Paseo da Calzada, 1. Cambados (Pontevedra) 🗓️22 febreiro

Mestra e nenas na escola pública de Areas, Pontevedra. 📷 Ruth Matilda Anderson, 1924. En febreiro de 1924, a ditadura de Primo de Rivera ordena a suspensión inmediata dos mestres e mestras que usen o galego e a clausura das escolas públicas que puideran ensinalo. 🖊️Carlos Callón

🗣️ ACE, que representa 9.000 escritoras e escritores de todo o Estado, solidarízase con Carlos Callón

Falamos con Carlos Callón, escritor, profesor e activista da lingua, sobre a situación do galego hoxe. 📹️ https://s.mtrbio.com/gjxbhmlrcr #23FQueremosGalego

"Maxicamente vella, eternamente nova: A literatura tradicional galega". Novo libro de Carlos Callón. Parece ben interesante.

📖 Domingo, na Feira de Rosalía en Compostela, estarei asinando exemplares de Maxicamente vella, eternamente nova: a literatura tradicional galega. Será ás 16 h na praza de Mazarelos, no posto da libraría Pedreira. Achégate! 🩵

En CaixaBank, pedir un certificado en galego custaba tempo. Desde este ano custa, ademais, 10 €. En castelán segue a ser gratis e automático na app. CaixaBank debe rectificar inmediatente e o Goberno galego debe garantir a igualdade de dereitos para o galego.

Se ti me quixeras ben e me tiveras cariño, de lonxe farías perto e do perto bon camiño. 🚶🏻‍♀️Maxicamente vella, eternamente nova. A literatura tradicional galega 🫶🏽

Por fin podo gozar desta marabillosa lectura do @carloscallon.bsky.social !!

Se algún día te arrepintes dalgún ben que me fixeches, dáme os bicos que che dei, volvereiche os que me deches. 😽Maxicamente vella, eternamente nova. A literatura tradicional galega 💋

Este é un poema brutal sobre a guerra, sobre as contradicións, sobre ser nacionalista irlandés (tamén vale para o nacionalismo galego), sobre a morte e sobre o FOMO. “Un desexo senlleiro de gozar”. nanosa.fala.gal/2025/02/16/u...

Non digas "bilingüismo cordial" cando falas de diglosia: 50 expertos reclaman que a TVG rectifique o mal uso no Telexornal

🗣️ENTREVISTA | @carloscallon.bsky.social: "E pensar que nos conventos medievais se copiaban historias que trogloditas con poder do ano 2025 quererían queimar" 📚🏳️‍🌈'Vidas e historias LGBT da Idade Media', editado por @xerais.bsky.social, é o libro que lle gustaría ter lido na súa adolescencia

As estrelas e o luceiro tiveron unha porfía: as estrelas que era noite, e o luceiro, que era día. 🌌 Maxicamente vella, eternamente nova. A literatura tradicional galega 🌄

↪️Fin de semana🎉 📖🏳️‍🌈Carlos Callón fálanos de 'Vidas e historias LGBT da Idade Media' 💌📸Descubrimos unha ducia de tarxetas postais históricas que se poden ver na Galiciana 👉https://praza.gal

Carlos Callón: "É preciso que se coñezan e recoñezan as historias e vidas LGTB doutros tempos históricos, para termos unha comprensión máis fidedigna do pasado". @carloscallon.bsky.social Son vidas e historias que aínda hoxe nos apelan, que aínda hoxe nos explican.

Se festexares a xornada, envíalle poesía a quen queres. Por exemplo, estes versos filosóficos da nosa literatura tradicional: Quérote porque te quero e non sei dicir por que: cando se quere por algo non é moi fondo o querer. 💘Maxicamente vella, eternamente nova. A literatura tradicional galega ❤️‍🔥