Profile avatar
editorasgalegas.bsky.social
Representación do sector editorial de Galicia www.editorasgalegas.gal https://linktr.ee/editorasgalegas
42 posts 111 followers 26 following
Prolific Poster

No #díamundialdapoesía deixádevos levar pola maxia e a profundidade das palabras💫 Aquí tedes 5 poemarios que vos farán vibrar con cada verso✒️ @lediciacostas.bsky.social, Yolanda Castaño, Olga Novo, Chus Pato e María Xosé Queizán

17 de marzo. Día do Cómic 2025 ✏️ Cartel de Bea Lema

O segredo viaxa a Chantada

Xornada Isaac, editor 🗓️ 27 de marzo ⏱️ 10:30 a 13:00 horas Auditorio do Consello da Cultura Galega (#Compostela) 📝 editorasgalegas.gal Deseño cartel: Ohmyword 📸 Xurxo Lobato

📝 A Asociación Galega de Editoras conmemora a figura de Isaac Díaz Pardo como editor www.editorasgalegas.gal/a-asociacion... Deseño cartel: Ohmyword 📸 ©Xurxo Lobato #sectoreditorial #age #editorasgalegas #libro #isaacdiazpardo #ediciósdocastro #edición #deseño

Para conmemorar o #Díainternacionaldamuller recomendámosvos 3 libros de escritoras que apostaron por historias feministas protagonizadas por mulleres valentes e inspiradoras. Este 8M reivindicamos a igualdade a través da literatura. @antiay.bsky.social , María Xosé Queizán e Beatriz Maceda.

🟣 #8M LECTURAS RECOMENDADAS #Díainternacionaldamuller ♀️ @loqueleo-es.bsky.social

🟣 #8M. Lecturas en feminino♀️ #Díainternacionaldamuller www.editorasgalegas.gal/8m-lecturas-...

A editorial Galaxia conmemora o seu 75 aniversario reivindicando o papel da edición galega coa exposición 📚 "Crear porvir. 75 aniversario. Editorial Galaxia" www.editorasgalegas.gal/editorial-ga... #sectoreditorial #editorialgalaxia

#Axenda ✍️ A ÁRBORE DESVELADA 📕 Presentación, mércores 12 de marzo, ás 19:30 horas na Asociación Cultural Alexandre Boveda, na Coruña. O autor estará acompañado pola poeta Eva Veiga e polo director da colección, Luís Rei Núñez. 📚 tinyurl.com/XavierSeoane... 🗓️ kalandraka.com/event-calend...

#Axenda | Presentación de Luzeiras, na Coruña 📚 @luzes.gal ⬇️⬇️⬇️ www.editorasgalegas.gal/prentacion-d...

Lembrade que até o 8 de marzo permanecerá aberto o prazo de presentación de orixinais para o V Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade, convocado por Baía Edicións 💜 #premiofinacasaderrey #igualdade #infantil #literatura #libro #lectura #engalego

#Axenda 📗👇

NOVIDADE No quinto aniversario da pandemia da covid, publicamos este libro de Ana Moreiras: álbum de recordos, diario íntimo... un fermoso recordatorio do que desexamos ser como especie naquel tempo de desasosego https://airaeditorial.gal/selo-aira/194-a-pausa-diario-do-confinamento-2020-2025.html

Ocórrensenos mil motivos polos que ler "Ata que a morte nos separe" de Elena Gallego Abad, pero aquí tedes tres para que xa non vos poidades resistir.📚☝🛳🔎

23 de febreiro. Día de Rosalía Nasín cando as prantas nasen, no mes das froles nasín, nunha alborada mainiña nunha alborada de abril (Rosalía de Castro: Cantares Gallegos, 1863) #díaderosalía #rosaliadecastro Imaxe: Arquivo RAG

Lamentamos o pasamento de Xaime Asensi, deseñador gráfico e ilustrador, que colaborou en senllos proxectos coa Asociación Galega Editoras e con editoras como XERAIS, Galaxia e Edicións do Castro. Desde a AGE trasladamos as nosas condolencias á súa familia e amizades. DEP

Acaba de chegar do prelo. Xa podedes ir encargándoo na vosa libraría. #XLMéndezFerrín

Reunión entre a nova executiva da AGE e o Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. Acordamos crear grupos de traballo para reverter os ínfimos datos de vendas do libro galego, con estratexias de apoio ao comercio interior e á internacionalización 📚 📸 Xunta

Vémonos mañá?😊 Ás 20:00 na Fundación Cuña-Casasbellas!

#Axenda 📚📕 Presentación de #AbrilEUnPais, en Cangas ⬇️⬇️⬇️

Falece o deseñador gráfico Xosé Vizoso, Premio Nacional de Escultura e homenaxeado este ano polo Día da Ilustración. Desde a Asociación Galega de Editoras queremos enviar as nosas condolencias á súa familia e amizades. Que a terra lle sexa leve. #XoseVizoso #agpi

📌 A Asociación Galega de Editoras renova o servizo de asesoramento en contratación de dereitos dirixido ás editoras asociadas ⬇️⬇️⬇️ www.editorasgalegas.gal/a-asociacion...

#Axenda 📗 @alvarellos.bsky.social ✍️

📝 Resultados do Barómetro de Hábitos de #Lectura e compra de #Libros en España 2024 📌 Menos do 4% das persoas que len declaran que o fan en galego. editorasgalegas.gal/barometro-de-h… #sectoreditorial #librogalego #age #editorasgalegas

AGE renova a colaboración coa Fundación Germán Sánchez Ruiperez para ofrecer novos cursos dirixidos a profesionais da edición 📗📚 www.editorasgalegas.gal/age-renova-a... #sectoreditorial #Formación #cursosparix #Parix

#Axenda 📚✍️

Xornadas #GÁLIX. Desfacendo a Raia XIV Os movementos migratorios na #LIX ⬇️⬇️

A Asociación Galega de Editoras manifesta un profundo pesar polo pasamento do escritor e poeta Bernardino Graña, membro da RAG e presidente de honra da AELG. As nosas condolecias á familia e amizades

📝 Os Follas Novas inician a súa décima edición anunciando os setenta títulos seleccionados para estes premios 📚📗 premiosfollasnovas.gal/os-follas-in...

#Convocatoria do V Premio Fina Casalderrey de literatura infantil pola igualdade Bases en baiaedicions.gal #premiofinacasaderrey #igualdade #literatura

#Axenda | ✍️ Presentación de Contos gringos, de Lara Dopazo #galaxiaeditorial 👇

#Recomendamos | 📗👉 En xaneiro, Sopa de polo con arroz, de Maurice #Sendak #KalandrakaEditora #engalego #editorasgalegas

A Asociación Galega de Editoras deséxavos Boas Festas e un ventureiro 2025 cheo de libros. Felices lecturas! 🌲📗

📝 A Asociación Galega de Editoras renova a súa Xunta Directiva www.editorasgalegas.gal/a-asociacion...

17 DE DECEMBRO. DÍA DA EDICIÓN. Hai cen anos que Ánxel Casal iniciou, xunto a Leandro Carré, o seu labor editorial coa posta en marcha da editorial LAR, o comezo da edición moderna en Galicia. 📗 📝 www.editorasgalegas.gal #sectoreditorial #edición #age #editorasgalegas #diadaedicion

🎥 M8ito por ler! A Fundación Xistral inicia unha inspirada e moi lograda campaña a favor do libro galego. Todos os apoios son precisos nestes tempos delicados que vivimos! ⬇️⬇️ 🔗 youtu.be/UwfV1ufmuog #sectoreditorial #librogalego #FundaciónXistral #editorasgalegas

#Axenda 📗👇

Antía Yáñez presenta este venres en Monforte O clan das barbies 👇

📝 El Correo Gallego recolle a actividade da AGE na recente edición da FIL Guadalajara * * * A Asociación Galega de Editoras viaxou a México ⬇️ www.elcorreogallego.es/sociedad/202... @alvarellos.bsky.social @silbeca.bsky.social

🎧 Velaquí vos deixamos a entrevista a Henrique Alvarellos, presidente da Asociación Galega de Editoras, no programa Diario Cultural da Radio Galega, sobre a nosa presenza e as actividades profesionais que celebramos na FIL Guadalajara - México 👇 www.agalegaaudio.gal/videos/detai...

A FIL Guadalaxara acolleu hoxe a conferencia e o acto de presentación da edición bilingüe do libro 📗 100 años de edición moderna en Galicia, a cargo do presidente da AGE, Henrique Alvarellos. #FILGuadalajara2024 #asociaciongalegadeeditoras #AGE #editorasgalegas #libro #edición #sectoreditorial

Actividades da Asociación Galega de Editoras na FIL Guadalajara 📑 4 de decembro ⏱️ 11:00 A conferencia e presentación da edición bilingüe do libro 📗 100 años de edición moderna en Galicia ⏱️ 12:00 Presentación do Premio Internacional Compostela para Álbumes Ilustrados 🔗 www.editorasgalegas.gal

Abrimos a semana profesional na Feira International do libro de Guadalajara, cun encontro co director de Publishnews_es, Lorenzo Herrero, o maior medio de noticias do mercado editorial iberoamericano que nos apoiou coa difusión da nosa presenza na FIL. @alvarellos.bsky.social @silbeca.bsky.social

Xa temos listo o espazo da AGE na FIL Guadalaxara. 📝 Estaremos na feira ata o 8 de decembro cun programa especial de actividades dentro do programa de España, Convidada de Honra na FIL www.editorasgalegas.gal/a-asociacion... Colaboran CEDRO e a Fundación Xistral

# Informe Comercio interior do libro 2023 www.federacioneditores.org/img/document... #sectoreditorial #comerciointerior

#Culturgal, do 29 de novembro ao 1 de decembro en Pontevedra. Consulta o programa ⬇️⬇️⬇️ www.editorasgalegas.gal/culturgal-pr... #culturgal24 #editorasgalegas #libro #lectura #engalego #age

A edición galega moderna cumpre cen anos. Por Henrique Alvarellos