Profile avatar
fcstpauligz.bsky.social
Peña Oficial do St. Pauli en Galiza Conta de información sobre o FC St. Pauli en galego 🟤⚪ Estamos tamén en Instagram: st.pauligaliza
830 posts 40 followers 42 following
Prolific Poster

Finalizada a xornada número 25, o St. Pauli segue fóra do descenso, pero cunha distancia cada vez máis pequena. O próximo venres temos unha auténtica final contra o Hoffenheim no Millerntor 🤎🤍

🧵(1/3) Moitas xornadas despois, o St. Pauli volveu sumar puntos. Empate a un contra o Wolfsburgo nun partido no que os de Blessin se adiantaron cun gol de Van der Heyden ao final da primeira metade.

Final! Wolfsburgo 1-1 St. Pauli

⏳90+5' |1-1| Entra Eggestein por Sinani. Non me fastidies, Blessin #wobstp

⏳90+1' |1-1| Cinco de engadido #wobstp

⏳88' |1-1| Outra vez Vasilj! Menos mal #wobstp

⏳87' |1-1| Xogadores moi fundidos que non saen á contra. Blessin non move o banco #wobstp

⏳80' |1-1| Miña, a parada que acaba de facer Vasilj. Acaba de salvar o segundo cunha parada imperial #wobstp

⏳76' |1-1| E o Bochum levanta un dous a cero contra o Bayern. Todo mal #wobstp

⏳73' |1-1| Entra Boukhalfa por Weisshaupt #wobstp

⏳73' |1-1| Vaia penalti máis tonto que regalamos #wobstp

⏳72' |1-1| Empata o Wolfsburgo #wobstp

⏳71' |0-1| Penalti para o Wolfsburgo provocado por Van der Heyden #wobstp

⏳69' |0-1| Corner para o St. Pauli #wobstp

⏳69' |0-1| Disparo de Smith con potencia que saca o porteiro. Se fose máis esquinado... #wobstp

⏳67' |0-1| Apretan os locais nestes minutos #wobstp

⏳63' |0-1| Case empata o Wolfsburgo. Disparo de Tiago Tomas que non colle porta por pouco #wobstp

⏳57' |0-1| Non chegan boas novas doutros partidos. O Bochum empata a dous tantos co Bayern (perdía dous a cero) e o Kiel remóntalle ao Stuttgart. Hai que sacar algo hoxe si ou si #wobstp

⏳51' |0-1| Roubo de Saad en tres cuartos. Xogada individual e balón a corner #wobstp

⏳49' |0-1| No descanso, entraron Saad e Saliakas por Afolayan e Ritzka, respectivamente. Blessin movendo o equipo no decsanso. Nunca é tarde #wobstp

⏳46' |0-1| Segundo tempo en xogo! #wobstp

Fundamental que o equipo volva conectado no comezo da segunda parte. Nos últimos partidos, os 15' tralo descanso foron terroríficos.

Tempo de lecer! Vale o gol de Van der Heyden para os piratas. Wolsfburgo 0-1 St. Pauli.

⏳45+3' |0-1| Outro máis. A última da primeira parte #wobstp

⏳45+2' |0-1| Corner para o Wolfsburgo #wobstp

⏳45+1' |0-1| Dous minutos de engadido #wobstp

Sinani-Irvine-Van der Heyden. GOOOOOOOOLLLL. Forza St. Pauli!!!

⏳42' |0-1| Non era un bo partido dos nosos, pero que importante é o balón parado #wobstp

⏳38' |0-1| Corner que bota o St Pauli e Van der Heyden de cabeza fai o primeiro. Imos!!! #wobstp

⏳38' |0-1| Gooooooooollllll #wobstp

⏳37' |0-0| Sen perigo. O cabezazo marcha moi alto #wobstp

⏳36' |0-0| Gran xogada individual de Weisshaupt que acaba en corner #wobstp

⏳32' |0-0| Moi pouquiño dos piratas nestes primeiros 30 minutos #wobstp

⏳29' |0-0| Control total do partido do Wolfsburgo. Estamos sufrindo #wobstp

⏳28' |0-0| Providencial Ritzka no corte. Ocasión clara para os locais. Corner #wobstp

⏳24' |0-0| Bufff, testarazo de Wind que marcha alto #wobstp

⏳23' |0-0| Outro corner para o Wolfsburgo #wobstp

⏳23' |0-0| Falta sobre Van der Heyden #wobstp

⏳22' |0-0| Afástase o perigo, pero o balón segue sendo do Wolfsburgo. Corner para os de verde #wobstp

⏳21' |0-0| Falta perigosa para os locais #wobstp

⏳17' |0-0| Primeira aproximación dos locais que remata cun disparo que acariña a madeira #wobstp

⏳16' |0-0| Controla o partido o Wolfsburgo e agarda o St. Pauli #wobstp

⏳7' |0-0| Fóra Ritzka! Disparo dende a frontal que non colle porta #wobstp

⏳7' |0-0| Acaba despexando a defensa local tras moitos rexeites #wobstp

⏳6' |0-0| Corner para o St. Pauli #wobstp

⏳5' |0-0| Primeiro disparo do encontro. Weisshaupt cruza demasiado o coiro #wobstp

⏳1' |0-0| Comeza o partido!

O St. Pauli xogará co seu primeiro uniforme.