Profile avatar
mariabesteiros.bsky.social
Escritora. Nai. ATV. Doutora en Filoloxía Galega.
207 posts 267 followers 448 following
Regular Contributor
Active Commenter

👣 Bolboretas no ceo é unha asociación galega de apoio ó dó perinatal. Moito por facer. Porque a dor non desaparece por non falar dela. Desaparecen as ferramentas e as axudas para sobrevivir. En Bolboretas no ceo xa teñen Ítaca. Moitas grazas por ser luz cando só hai sombras 🦋

👣 Ítaca en Bueu nas librarías Miranda e Abrente. Moitas grazas polas fotos a Emma, a miña amiga máis viaxeira 💜

👣 Atención Ourense e arredores! O próximo xoves 27 ás 19:30 horas presento Ítaca no Espazo Lector Nobel con Celia e Fran. Oxalá vernos 💜

Altri NON, Altri NUNCA

✍️ No Día da Poesía, o inicio do poema avoa, nai, filla, que foi segundo premio no certame do Concello de Ames 2024. Lede poesía, que non morde!

👣 Lin no FB que este venres ás 19 horas, no Teatro Principal de Compostela, Alicia Fernández e Eduard Velasco farán unha intervención artística coa placenta da súa filla. E non puiden evitar ensinar a miña. Recoñecedes ese peíño? 💜

👣 A pouco de presentar en Ourense lembro con @8coraline8 a presentación de Ítaca na Libraría Cartabón de Vigo. E só teño palabras de agradecemento 💜

👣 Se o preferides, podedes escoitar a presentación de Ítaca na Libraría Cartabón de Vigo en Spotify 👇 creators.spotify.com/pod/show/gon...

👣 Aquí podedes ver a presentación de Ítaca na Libraría Cartabón de Vigo. Moitas grazas 😊 👇 youtu.be/j7lAGIKFbN0?...

👣 Moitísimas grazas a @aradenaron por ler e escribir sobre Ítaca. A recensión completa está no seu Instagram 💜

👣 Moitísimas grazas a littera_lupa por escribir sobre Ítaca. Podedes ler a recensión completa no seu Instagram 💜

👣 Moitísimas grazas a Manrique Fernández por falar tan ben de Ítaca no seu andel 👇 manriquefdez.wordpress.com/2025/02/27/m...

👣 Club de lectura sobre Ítaca no @clubcontosnalareira Moitísimas grazas 😊👇

👣 Moitísimas grazas a Lecturafilia por incluír Ítaca entre as lecturas deste día de reivindicación 💪💜

Bagheera. Agora quen durmirá a sesta comigo. Propietario do meu colo. Quen refregará a súa cara contra a miña. Amigo de todos. Quen me desexará bo día aínda que o día sexa tan malo como hoxe. Bagheeruchi. Amor. O baleiro é máis grande que as palabras 💔

Probablemente, o raposo (?) máis riquiño do mundo.

👣 Velaquí a entrevista sobre Ítaca con María Solar no Zigzag do pasado domingo. Moitas grazas 😊 👇 www.g24.gal/-/-maria-bes...

👣 Como cada 3 de marzo, fago a torta de aniversario de Mai. Dez. Pero este ano tamén fixen un libro. Cumprín o que me prometín: que non morrese comigo. A súa pegada e o seu nome e apelidos son, por fin, ben visibles. Viaxan. E ela, que non pode medrar, é, a cada lectora, máis grande. Grazas 💜

👣 Hoxe ás 11:30 Ítaca chega ó Zigzag. Moitísimas grazas a todo o equipo 💜

👣 As fotografías da presentación de Ítaca feitas por José Gorís xa están no Facebook da Libraría Cartabón. Moitas grazas 😊

💀 Mañá ás 11:30 horas chega a Allariz unha voz imprescindible da nosa literatura: Emma Pedreira. Presenta As horas mortas, unha viaxe por cemiterios galegos que recupera memoria, historia, arte e emoción. Vinde! No Espazo BenComún. Despois haberá visita guiada polo cemiterio (anotarse en Xeitura) 💀

Se podedes, non o perdades 👇

👣 Moitísimas grazas a @leoleo_oqueles por ler, por escribir e por acompañar esta Ítaca 💜

👣 Moitísimas grazas a ti por vir 😊