Profile avatar
peroleopold.bsky.social
Estaba na cola pr'o peixe. Vin xente a correr e acabei aquí
254 posts 284 followers 466 following
Regular Contributor
Active Commenter

Lido. Duro. Na liña do terríbel inxenuo de Kristof ou Herta Müller.

Curioso filme de Villeneuve Unha "mujer sin cabeza" sen a ameaza oculta de Martel, con trazos indies e dunha ambientación a que lembra a certo wenders de million dollar hotel #filmsky #criticabarata m.filmaffinity.com/es/film54052...

Precisa o seu tempo e a súa pausa e saírse do espazo mental da feitura de poesía dos últimos dous séculos ou máis, pero paga moito a pena. E tamén o resto da súa obra. Gabirol era enorme, malia case esquecido #booksky #lecturas

Para quen, coma min, goste de distopías, cyberpunk e colorinchos, iralle ben. Certo que se me perdeu un pouco a historia, pero iso xa é a idade e a soneca. #filmsky #criticabarata m.filmaffinity.com/es/film51753...

Lectura rematada. Se algunha vez vos cae perto Luz Pichel recitando, acudide sen dubidar #booksky #lecturas

Pois é un docudrama bastante interesante, este. Sobre Carole Achache, filla de Monique Lange e nai de Mona Achache, a directora. E sobre micropoder e machismo en todas as parte. #filmsky #criticabarata m.filmaffinity.com/es/film63784...

Boas actuacións. Gran Bso. A roupa, os encadres a estética. E Harry Potter. Pero algo falla. Quere ser (outr)a gran novela/película americana, pero non vai así e xa as vimos mellores. É 2024 e non se enteraron. Pozos de ambición xa sobraba. #filmsky #criticabarata m.filmaffinity.com/es/film84079...

Actual até Trump. Agora até quedaría curto este terríbel drama. Hai cousas de Mészarós e da primeira Holland por aquí #filmsky #criticabarata m.filmaffinity.com/es/film30127...

Hai que lembrar este mapa de antes dos nazis mandados pola OTAN asaltaren o parlamento co gallo do Maidan. E que millóns de cidadáns das zonas en azul fuxiron para non morreren asasinados. E de Zelenski prohibindo partidos e pechando medios. Putin contra Zelenski é un Ultra sur vs Frente atlético.

Finiquitei isto. De certos clásicos que se acumulan no "debe" que un nunca acababa de atacar. Agora pregúntome por que non antes. É das cousas máis inxeniosas, divertidas e sorprendentes que xamáis lin. Non dou creto que fose escrito cando foi. #booksky #lecturas

Pois se ten que haber polémicas en bluesky que veñan. www.gciencia.com/medioambient...

📚 Queres aprender galego e non sabes por onde empezar? Aquí tes unha selección de libros para mellorares o teu galego!🔥📖 Descúbreos aquí 👉 aschavesdalingua.gal/libros-para-aprender-galego

Briconsello de hoxe. Moito coidado coas rebarbadoras. ( Non poño foto sen apaño de papel, que está fea. Non é que vaia perder o tacto, pero menos mal que é o outro indicador o de desbloquear o móbil)

Gostei moito da naturalidade das actuacións e do críbel que resulta esta historia, que é a de calquera familia, contra o que diga tolstoi #filmsky #criticabarata www.filmaffinity.com/es/film51902...

Alguén me meteu nisto (moi guapa e moito para cavilar), sen me avisar de que a segunda tempada vai a medio. Zapristi #filmsky #series m.filmaffinity.com/es/film24171...

Que traballo de erudición e sapiencia este librazo sobre o pathos político. Teño o segundo volume por aquí nalgún sitio. Voulle dar un tempo #booksky #lecturas

Hai meses tiven que ir a Sevilla por traballo e nunha libraría atopei este esgotado libro. Tan bo coma esperaba, sabendo dos poucos poemas soltos que lera de Jackson. O que non esperaba era isto 👇 #booksky #lecturas

Unha sorte de Cámara café kafkiana. Custou entrar, pero é realmente moi, moi divertida. #booksky #lecturas

Meseta son dous inmensos travellings a través dunha paisaxe derruída e dunha comunidade malferida. Máis Tarr que Godard, diría contra Vilacourt. Un enorme poema díptico para transitármolo que nunca é indiferente e sempre diferente #booksky #lecturas

O crossover con Tetsuo non o vin vir. Bastante terrexío e ocos no guión, mais como serie b furrula ben. #filmsky #criticabarata m.filmaffinity.com/es/film83368...

Sabemos da farándula, do ás-veces-case-sempre fedorento campo bordieán, da desinformante información e da falta de crítica (como criba). E de libros que pasan por debaixo do tapete e non fan ruído. Coma este medo ao que regresei hoxe e que é (coma o patio da súa casa) universal. #booksky #lecturas

A última novela de @vicenteluismora.bsky.social é outra xenialidade. Un traballo intelixentísimo, coas súas reviravoltas que lembran (permítaseme a licenza) unha Alba Crom invertida. Ciencia ficción mineral, IA acelerada e máis cousas que non debo contar. #booksky #lecturas

Había máis de dez anos que non relía isto. Sorpréndeme o próximo que me resulta e como me son tan recoñecíbeis algúns poemas. Máis cando o seu libro que e máis lin foi "Popocatepetl. Texto irreal". Autor que foi máis importante do que quero lembrar na miña tardo-adolescencia. #booksky #lecturas

Que estraña mistura a escrita de Fabre. Dende o folclórico ao misticismo oriental. Vishnu e o México dos mortos en palabras evocativas, limpidas, con ecos de poesía brincallona e popular. #booksky #lecturas

O primeiro cuarto de hora é un canto de amor ao cine. Despois súmase o canto de amor á humanidade e a xustiza. Vértov abrazando a Brecht. #filmsky #criticabarata m.filmaffinity.com/es/film97939...

Comentei isto despois de ler os tres primeiros "ensaios". Acabado o libro, hei de dicir que se non puxese Auden na capa teríao abandonado. Os tres primeiros textos son case os máis custosos de ler. O resto son bastante vacuos e opinións bastante parciais, ou nin iso.