Profile avatar
vilabotanes.bsky.social
Historia e Historia da Arte, falando da raia do Minho, os xudeos e cristiáns novos entre Galicia e Portugal, os Soutomaior e a nobreza transfronteiriça e moitas micro historias cousasde.com
173 posts 305 followers 319 following
Regular Contributor
Active Commenter

Recientemente, algunos historiadores como @antigua_roma , @tablilladecera y yo mismo hemos sufrido ataques que, a la larga nos afectan a todos. ¿Qué estrategia hay detrás y que beneficio obtienen de la polémica? youtu.be/huhZe7w6DBk

Estou a preparar unha selección de fotos do meu pai, Juan Vila, para tentar publicar un libro sobre a súa obra fotográfica no suroeste de Galicia e vai ser moi difícil tanto polo volume como pola diversidade de temas É simplemente un fondo fotográfico extraordinario

Na #SER Baixomiño vou falar da hipótese de Celso García de la Riega, Colón e Pontevedra Os documentos do s. XV atopados por D. Celso serían compatibles coa orixe xenovesa da familia Colón e explicarían as relacións con Portugal as coincidencias da toponimia e tamén o de ocultar ese pasado

Está claro que os escravos emancipados provocaron a aparición do KKK, un grupo de xente que só quería a volta aos bos costumes

O tema das "cruces conversas" ten moito debate, nin podemos asumir que todo cruciforme nunha parede ten relación con cristiáns novos nin negar a súa relación, que a ten, cando moitas casas con cruces foron habitadas por cristiáns novos segundo a documentación www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo...

Pois unha pouca contradicción hai nesta nova O meixón (angulas) é o alevín da anguía que está en perigo con poboacións en recesión Área de Vigo non pesca angula, o fai o Baixo Miño Todos os pescadores de angula o teñen como complemento económico da súa actividade principal

Hoxe me toca falar na SER do miliario romano atopado en Tui e publicado na @vozdegalicia.bsky.social por Mónica Torres Pero tamén dos miliarios atopados nos arredores da cidade, un adicado ao emperador Decio e que está no Museo de Pontevedra ou o interesante miliario de #Valença do Minho

Un achádego moi interesante para a historia urbana de Tui. Un técnico do concello de Tui dicía que non era un miliario romano, contra o parecer de varios arqueólogos 🧐 Hai xente que sabe de todo sen saber nada www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo...

O fascismo non existe, é só producto da imaxinación da esquerda Agora vai durmir, prosma

No programa da #SER Baixo Miño vou falar de familias fidalgas como os Pazo Figueroa, que tiveron moita presenza en Tui, Pontevedra e #Vigo En Vigo contaron cunha granxa, a da Fonte do Pracer, entre o castelo de San Sebastián e o do Castro Nesta granxa había unha ermida a San Roque ⬇️

Está imposíbel iso de atopar piso en #Coruña A ver si collo un cartóns e me poño nun portal 😓

Qué farto me ten o da casa máis antiga de Francia 🤨

No quiero acusar pero a mí esa monja me tiene un aire a @javiertraite.bsky.social 😅 Convento de Belodorado se llama ahora

Alporizábanse algúns polo tema do consentimento explícito pero o único contrato que lles importaba seica é o de confidencialidade

Moito cabreo collín onte nunha reunion que buscaba ideas para desenvolver o aniversario dun edificio da cidade Presentaron unha recreación virtual chea de inexactitudes sobre #Tui no ano 1225 Trapalladas que me afirman que aquí xa non teño futuro

Na #SER Baixomiño de hoxe falarei de cruces Este é un fenómeno que se ten recollido ao longo da fronteira con Portugal e se ten asociado á presenza xudeoconversa As cruces aparecen en vivendas dos s. XV e XVI polo que se establece unha correlación co fenómeno cristián novo no Miño 👇

No programa da SER, que saíu onte e non o martes, falo do culto a San Xulián do Monte Aloia, algúns aspectos e matices sobre a súa importancia na comarca cadenaser.com/audio/cadena...

No programa da SER Baixomiño vou falar de San Xulián do Monte Aloia e o seu culto desde a alta Idade Media probablemente ligado a un antigo eremitorio Os restos arqueolóxicos e a documentación levan a pensar nun lugar moi dinámico e potente para a comarca tanto no relixioso coma no político

Na #SER Baixomiño vou falar dunha persoa moi querida recentemente falecida Tecla Portela Unha brillante e culta poeta e traductora nacida en Tui e con lazos a un e outro lado da fronteira Unha pequena lembranza da súa obra poética e traballo en dar a coñecer a escritoras portuguesas en España

Revisando actas de pleno en Tui no ano 1983 atopo a proposta municipal de poñer a Biblioteca pública na terceira planta dun edificio sen ascensor 🙄

No programa de hoxe na SER Baixomiño vou falar dun santo que ten festa mañá: Santo Amaro Falarei tanto da confusión con San Mauro como da capela de Santo Amaro en Porto, #Salvaterra, exemplo da fidalguía transfronteiriza e da viticultura tamén moi importante desde a Idade Media neste comarca

Volvo á normalidade co programa da SER Baixo Miño Hoxe co #Teatro Principal de #Tui tanto para falar do seu uso nestas datas para os bailes de máscaras como para reflexionar sobre o seu futuro O único teatro do s. XIX sen rehabilitar en España, iso tanto Xunta como Estado deberían telo en conta

Xa chegaron os Reis Magos despois dun longo camiño, que desfrutedes dun bó roscón

Na revista Cousas de, n° de inverno tamén falo do mosteiro de Sanfins de Friestas, en #Valença, unha xoia oculta no val do Minho

Bó ano 2025 de parte de Hero e Shiro 🦋🙀

Non espero nada do 2025, ao contrario A perspectiva é mala e deixar de investigar é algo que pode ser realidade máis pronto que tarde