Profile avatar
xerais.bsky.social
#Xerais (Desde 1979) Editora en lingua galega. Facendo historia(s).
87 posts 347 followers 77 following
Prolific Poster

🗓️Yolanda Castaño presenta A falsa autónoma a vindeira semana na Coruña. O poemario acadou o Premio Miguel González Garcés.

No #díamundialdapoesía deixádevos levar pola maxia e a profundidade das palabras💫 Aquí tedes 5 poemarios que vos farán vibrar con cada verso✒️ @lediciacostas.bsky.social, Yolanda Castaño, Olga Novo, Chus Pato e María Xosé Queizán

Yolanda Castaño, sobre 'A falsa autónoma': "Se dis que o diñeiro non é o importante é porque o tes". www.lavozdegalicia.es/noticia/fuga...

O 26 de marzo, na libraría Lila de Lilith 👇

Contádenos! Cal foi a vosa última lectura de Xerais? 😊

💥🗯️Astérix e Obélix comen bacalhau. Lusitania será a vixésima quinta viaxe dos personaxes creados por Goscinny e Uderzo, que chegará ás librarías o vindeiro 23 de outubro da man de @xerais.bsky.social. Os tradutores Xavier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar ocúpanse da versión en galego

Sabedes cal será o próximo destino de Astérix e Obélix? Dámosvos tres pistas: está moi pretiño, ten calçadas empedradas e o bacalhau é o prato por excelencia. ✍️O 23 de outubro nas librarías. www.xerais.gal/prenoticia/a...

Unha historia onde a literatura é protagonista e na que se van desvelando segredos familiares. "Conta, Sherezade" é unha novela que se vai construíndo mentres se le.

Imaxinades viaxar á época dos dinosauros? Isto sucede con este grupo de rapaces e rapazas, que xuntos descubrirán a importancia e a fortaleza da manda ao invocar o seu berro de guerra: Belcebú, cómeme o cu!

"As pandeireteiras de Mens poderían ser consideradas as Taylor Swift da música galega" www.nosdiario.gal/articulo/cul...

Este venres, en Vigo 👇

«E, con ese simple acto de xenerosidade, as nenas decatáronse de que as cousas máis valiosas non son as que máis custan, senón as que máis importan».⭐️ "A nena do pixama estrelado" de Eduardo Santiago  e ilustrado por Eli García.

Elena Gallego Abad estará o vindeiro venres en Betanzos para falar da súa novela Ata que a morte nos separe.

A escritora Marta Villar estará o próximo venres na libraría Lectocosmos de Lugo para presentar Detective Ferruchi, que acadou o Premio Xerais de Novela en 2024.

O triángulo vermello é unha biografía emocional de Mercedes Núñez, loitadora polas liberdades e supervivente do fascismo, a través da mirada inocente do seu fillo Pablo. A súa autora preséntao o vindeiro venres, 21 de marzo, en Goián.

Hoxe queremos destacar a unha das nosas autoras: Irene Alonso Gasalla. Profesora e autora de libros infantís que contan  historias marabillosas. Ten publicadas con nós dúas obras: "Refugallo o espantallo" e "As cicatrices do caranguexo". Con cal vos quedades? Nós non podemos escoller!😊

As novidades de marzo xa están aquí! Nada máis e nada menos que 9 libros novos que engadir á vosa lista de pendentes: infantil, xuvenil, poesía, novelas, ensaio... Este mes vén completiño!

📅 Elena Gallego Abad presenta o martes, 18 de marzo, a súa novela Ata que a morte nos separe, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela. Estará acompañada polo crítico literario Armando Requeixo e o director de Xerais, Fran Alonso.

Esta é a primeira novela de Alberto Mancebo @albertomancebo.bsky.social  e narra unha historia que transcorre nunha especie de entresoño e está baseada nas intensas emocións dun estraño protagonista. Se buscades unha historia familiar, íntima e sentimental esta ten que ser a vosa próxima lectura!

Icía Varela e Xosé Manuel Varela presentan o vindeiro 17 de marzo o seu libro Cantareiras, unha homenaxe ás mulleres protagonistas das Letras Galegas 2025, na Coruña. O acto terá lugar na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36).

📚 Xa nas librarías os cinco títulos de Xerais para homenaxear as cantareiras.

📰María Lado, sobre 'Canta miña compañeira': "Nomear a quen conserva o saber popular, como fixo Dorothé Schubarth, é moi importante". www.nosdiario.gal/articulo/cul...

Este ano as Letras Galegas adícanse ás cantareiras, mulleres que preservaron e transmitiron a lingua e a cultura galega mediante a súa música e poesía popular.   Estes 5 libros son a nosa proposta para homenaxear o labor destas mulleres.

👇

«Tila non só me aprendera a nadar aquel verán; aprendérame tamén a querer doutro xeito, a vivir plenamente, a soñar sen cancelas. Como podía explicarlle aquilo a outra persoa?» "O bestiario científico de Anxos Nogueirosa" de Antonio M. Fraga. @antoniomfraga.bsky.social

Para conmemorar o #Díainternacionaldamuller recomendámosvos 3 libros de escritoras que apostaron por historias feministas protagonizadas por mulleres valentes e inspiradoras. Este 8M reivindicamos a igualdade a través da literatura. @antiay.bsky.social , María Xosé Queizán e Beatriz Maceda.

Parabéns a Manuel Rivas polo Premio CEDRO 2025! www.xerais.gal/noticia/manu...

📅Ata o 23 de marzo está aberto o prazo para presentar orixinais ao Concurso Internacional de Novela Curta “Cidade Centenaria de Ribeira”. Aquí as bases 👇 www.ribeira.gal/documents/34...

Lobishomes, meigas e segredos familiares crean un entramado que pon en perigo as vidas de todos os habitantes de Compostela. Poderán os irmáns Malvís deter ao asasino que anda solto pola cidade? 👉🏼https://www.xerais.gal/libro/fora-de-xogo/cando-sangren-os-lobos-adrian-gomez-ramos-9788491219361/.

📅 Elena Gallego Abad presenta a vindeira semana en Bueu a súa novela 'Ata que a morte nos separe', unha homenaxe a Agatha Christie.

Namoreime da bonita porque ela cantaba ben; agora morro de fame e o cantar non me mantén. 😍 Maxicamente vella, eternamente nova. A literatura tradicional galega 😋 @xerais.bsky.social

Conteivos xa que o próximo xuño publicarei unha novela con @xerais.bsky.social? Se non volo contei, cóntovolo agora, porque me fai moita ilusión. Titúlase "Askja", resultou gañadora do premio Pinto e Maragota e xa ten cuberta. www.xerais.gal/libro/narrat...

@antiay.bsky.social presenta en Pontevedra O clan das barbies acompañada pola xornalista Diana López Varela 👇 Na Libraría Paz.

Este venres, en Ponteareas 👇

E aínda que só sexa por iso, por esa pinga de auga LGBTQ+ na literatura galega, fágome este Umbral. En @xerais.bsky.social podédelo atopar. Grazas ao premio #Pinto_e_Maragota www.xerais.gal/libro/narrat...

Mañá terei o luxo de acompañar a @mariabesteiros.bsky.social na primeira presentación da súa novela "Ítaca", finalista dos Premios Xerais 2024. Vémonos en Vigo, ás 20.00 horas en @librariacartabon.bsky.social 📚 @xerais.bsky.social

Ocórrensenos mil motivos polos que ler "Ata que a morte nos separe" de Elena Gallego Abad, pero aquí tedes tres para que xa non vos poidades resistir.📚☝🛳🔎

🎬🔥🎥 'Only on Earth': a vaga de incendios de 2022 en Galicia chega á Berlinale. A cineasta danesa Robin Petré estrea un documental que relata a dura loita contra o lume no sur de Galicia e "reflexiona sobre o fráxil equilibrio do noso mundo natural e sobre as relacións entre humanos e animais"

Encántanos facer presentacións para que poidades coñecer aos nosos autores e autoras e afondar nas súas historias.📚 Mañá temos dúas presentacións, unha na Libraría Moito Conto de “As despedidas” @ceciliafsantome.bsky.social e outra de "Indolente na Libraría Libraida. Achegádevos!😊

Algúns títulos das Letras Galegas 2025 de Xerais en #Galix. www.galix.org/2025/02/na-n...

👣 Moitísimas grazas a @barbibooks pola súa lectura da miña Ítaca 💜

«Versos estrados», un breve repaso dos poemas do Long Play e o Lugo Philadelphia na Biblioteca do IES Lois Peña Novo de Vilalba. Absterse de acender choqueiros. Anunciado en televisión! Lina 17 de febreiro ás 16,20 h. en alarde de precisión horaria. Chaleco violeta!

👣 Moitísimas grazas a Carlos Negro por estas fermosas palabras sobre Ítaca. Moi emocionada 💜

Se algún día te arrepintes dalgún ben que me fixeches, dáme os bicos que che dei, volvereiche os que me deches. 😽Maxicamente vella, eternamente nova. A literatura tradicional galega 💋

🗣️ENTREVISTA | @carloscallon.bsky.social: "E pensar que nos conventos medievais se copiaban historias que trogloditas con poder do ano 2025 quererían queimar" 📚🏳️‍🌈'Vidas e historias LGBT da Idade Media', editado por @xerais.bsky.social, é o libro que lle gustaría ter lido na súa adolescencia

Carlos Callón: "É preciso que se coñezan e recoñezan as historias e vidas LGTB doutros tempos históricos, para termos unha comprensión máis fidedigna do pasado". @carloscallon.bsky.social Son vidas e historias que aínda hoxe nos apelan, que aínda hoxe nos explican.

Vémonos mañá?😊 Ás 20:00 na Fundación Cuña-Casasbellas!

Onte tivemos unha charla moi interesante! Grazas por vir!😊 📷 José Lores

"O triángulo vermello": a historia da republicana galega Mercedes Núñez Targa. Coloquio no Club Faro. Agardámosvos!😊

O tecer e destecer de Penélope. A novela finalista do Premio Xerais de Novela. De @mariabesteiros.bsky.social. Crítica de Ramón Nicolás. www.lavozdegalicia.es/noticia/fuga...