Profile avatar
praza.gal
O xornal da Galicia que vén. 🤗Faite socia, faite socio 🔗 https://praza.gal/faitedepraza
2,764 posts 3,909 followers 165 following
Prolific Poster
Conversation Starter

🏅 A Xunta entregou este sábado en San Domingos de Bonaval as Medallas Castelao 2025 a Luar na Lubre, Víctor F. Freixanes, Emilio Pérez Nieto, Rosa Rodríguez Álvarez (en nome das e dos profesionais da atención primaria) e á Asociación Agaela praza.gal/falase?de=c0...

📺🔊 REPORTAXE | Sentir a Castelao: Alfonso Daniel fálanos en galego nunha exposición inmersiva 👉🏻 A exposición 'Castelao. Mirar por Galicia' cumpre un desexo que a realidade impediu: que as xeracións posteriores escoitemos o de Rianxo falar en galego praza.gal/cultura/sent...

🌈 Máis de dous mil matrimonios entre persoas do mesmo sexo en Galicia tras vinte anos sen prohibición 🏳️‍🌈 O Día do Orgullo LGBT+ vén marcado polas alertas ante os discursos de odio, mais tamén polo vixésimo aniversario da reforma legal para o matrimonio igualitario praza.gal/acontece/mai...

📃🩵👉 Os papeis do Estatuto: a Galicia que puido ser ten nova vida dixital 🗓️ O 28 de xuño de 1936 Galicia celebrou o plebiscito do seu primeiro Estatuto. Máis dun milleiro de documentos daquel histórico proceso están dende agora dispoñibles para o seu libre acceso a través de internet

📰☢️ A Xunta di que soubo agora "pola prensa" dos bidóns nucleares de hai décadas e despois recúa praza.gal/politica/a-x...

☕️ Vinte almorzando con Mondra "Non teño o recordo de querer ser outra cousa" Almorzamos e parolamos co cantante, compositor e bailarín Mondra, que vén de publicar o seu segundo disco, "De Ronda". 🎥 @asdexarda.bsky.social 🤝Co apoio de Deleite Entrevista completa ➡️ vinte.praza.gal/multimedia/v...

↪️ Esta fin de semana, no noso suplemento: 🔊🎞📸 Percorremos a exposición 'Castelao. Mirar por Galicia' 🌺🪻🌷 Visitamos unha ducia de xardíns en Allariz para combater o cambio climático 👉 praza.gal

☢️En 2017, unha investigación de Praza revelou que ninguén vixiaba os residuos nucleares fronte ás costas galegas ⛴Esta pescuda sería imposible sen as socias e socios 🔍O asunto chegou aos parlamentos. Agora, unha expedición francesa localizou 1.000 bidóns 🤗 praza.gal/faitedepraza

Cando Margó Gayoso foi á súa primeira recollida a Liñares (Avión) a mediados dos 90, todo cambiou. "Foi moi revelador. A nosa tradición estaba nesas señoras. Estaba viva. Iso é a nosa cultura", subliña tocadora e mestra de pandeireta en conversa con @vinte.praza.gal vinte.praza.gal/artigo/margo...

⁉️☢️ "Sorpresa" da conselleira do Mar durante 14 anos polos bidóns radioactivos xa coñecidos 👉 A agora deputada do PP no Congreso pide explicacións ao Goberno de España pola ausencia de vixilancia dos refugallos nucleares guindados á Foxa Atlántica

🏥Sanidade insiste en contratar fóra a xestión de historiais médicos malia ter constancia de "erros graves" 👉A Consellería xustifica a privatización porque "na área sanitaria de Lugo non se dispón dos recursos propios suficientes"

🥵MeteoGalicia prevé temperaturas ata 10 graos por riba do normal en múltiplos puntos do país ata o luns 🌫A néboa manterá moitos puntos da costa á marxe da vaga de calor +info👇

❗️☢️ 🌊Francia identifica mil bidóns radioactivos fronte a Galicia 43 anos despois do último vertido

📤Greenalia prescinde da ex-conselleira Beatriz Mato

O Parlamento acorda por unanimidade unha iniciativa do BNG para que a Xunta, da man do Concello de Ribeira, axilice a construción da residencia de maiores anunciada en 2021 e que Política Social vén de adiar 'sine die' praza.gal/falase?de=ce...

🟥 O PSdeG pide amparo a Santalices fronte ao deputado do PP que acusa de "corruptelas" a Besteiro e Méndez praza.gal/politica/o-p...

⚖️✅O TC declara constitucional a amnistía e amplíaa a delitos dos antisoberanistas. Por Manuel Altozano, de @infolibre.es

💨❌O Estado impide que caduquen os eólicos con suspensións cautelares da Xustiza

🟪O PP recibe as protestas feministas polo caso Villares con pancartas contra Pedro Sánchez e Ana Pontón

🎶 VINTE NA RÚA | Margó Gayoso, tocadora e mestra de pandeireta e canto: "Ser de aldea e tocar a pandeireta é un orgullo” Baile, canto, gaita, acordeón ou pandeireta... Nesta nova entrega do #VinteNaRúa coñecemos a profesora Margó Gayoso 💃 🤝 Co apoio de @puntogal.bsky.social

🪧📢Propaganda para miles de loitas e esperanzas 👉O Fondo Miguel Gutiérrez, con cartelería, panfletos e adhesivos políticos da Galicia do último medio século, agora tamén está en internet

📲 😔Un de cada catro adolescentes galegos asume que discute e se frustra polas redes sociais

👉 A ministra para a Transición Ecolóxica, Sara Aagesen, garante que Altri "non vai contar con axudas por parte do Estado". Así o manifestou nun acto en Vigo xunto ao alcalde, Abel Caballero praza.gal/falase?de=d7...

💵Trump advirte a España de que pagará "o dobre" comercialmente pola súa negativa a subir o gasto militar

🗑️🔥A Coruña anuncia medidas contra a "lamentable" e "vergonzosa" acumulación de lixo tras o San Xoán 🚯Inés Rey anuncia novas actuacións malia que as 44 toneladas de lixo recollidas son 13 menos que o pasado ano e 170 menos que no San Xoán de hai unha década

🛤️🚇💺 A inaugurada estación Castelao de Santiago espera a coordinación co bus e o tren de proximidade 🕑🚌 O novo edificio de viaxeiros da terminal ferroviaria compostelá entra en servizo mentres a coordinación de horarios de tren e bus segue pendente praza.gal/acontece/a-i...

Propaganda para miles de loitas e esperanzas: o Fondo Miguel Gutiérrez, agora tamén en internet O Consello da Cultura Galega e o grupo de investigación Hispona publican para a súa libre consulta máis de 3.500 carteis, panfletos e adhesivos recompilados durante décadas polo coruñés Miguel Gutiérrez

🔵 Feijóo reúnese co líder de Vox para "comentar o contexto político" tras semanas nas que Abascal vén insistindo ao ex-presidente e actual líder do PP que presente unha moción de censura contra Pedro Sánchez praza.gal/falase?de=c6...

⚠️🟣👉 Non "normalizar" a violencia machista: as esixencias de Pontón que para Rueda a deixan en "ridículo" 🔗 praza.gal/politica/non...

‼️Se te fas socia ou socio de Praza, ata o 80 % do que achegas vénche de volta na declaración da renda Por exemplo: 📝Cota de 10 € / mes ⬇️ ✅Gasto real de 2 € / mes +info 🔗 praza.gal/axuda/desgra... 🤗Faite de Praza 🔗 praza.gal/faitedepraza

📊❌O cesamento do histórico director do Instituto Galego de Estatística acelera a anexión do organismo á Presidencia da Xunta

🗳📺📻A segunda votación ratifica de vez que Concha Pombo dirixirá os medios públicos galegos dende xullo só cos votos do PP