Fanme gracia algúns líderes europeos pedindo que X sexa neutral... Non llo pediron nestes últimos anos á prensa tradicional pero si a unha rede social. Cousas veredes.
Comments
Log in with your Bluesky account to leave a comment
Non vexo en que punto de encontro do antifascismo serve o rexeitamento da prensa que chamas tradicional (é toda idéntica?) para branquear un medio pronazi ou para relativizar os seus efectos, especialmente entre a xuventude.
Tal vez, se de primeiras , houberan posto o foco na deriva dos medios "tradicionáis," agora terían argumentos para pedir o que piden. Ollo, non xustifico o que se fai en X, pero se antes calaron, agora, por vergonza, mellor que se tapen un pouco.
Entendo e comparto a vergoña ante o cinismo deses medios noutras cuestións cruciais, pero o momento se cadra dá para poucos matices.
Sen pretender a homologación apocalíptica con outros períodos da Historia, no antifascismo só hai unha orde urxente que esixe aceptar estraños compañeiros de cama.
Comments
Sen pretender a homologación apocalíptica con outros períodos da Historia, no antifascismo só hai unha orde urxente que esixe aceptar estraños compañeiros de cama.