Profile avatar
frankstone75.bsky.social
Vivo de falar, pero na casa dinme que cale. Carballés (con todas as consecuencias).
96 posts 90 followers 141 following
Regular Contributor
Active Commenter

Precisamos axuda cos deberes do neno: 1-Carretilla 2- 3-Quince 4-Rapaz E o 2? Pra min é unha e unha cuncha, caracola...

E veña lóstregos!!! Cargóuseme o móvil sen estar enchufado. Teño 120% de batería. ⚡️⚡️⚡️

Como cambiamos! Hai non tanto tempo, ninguén se atrevería a votar contra dunha suba das pensións. Hoxe parece non importar. Non terá consecuencias. Aprenderon a facernos mirar cara a árbore en lugar do bosque. 🤦‍♂️

Sobre o debate de estar ou non en determinadas redes... Xa antes de existir estas, algúns cambiabamos de bar cando xa non nos gustaba o ambiente.

Creo que estamos a vivir momentos históricos por enriba das nosas posibilidades.

PERO NO HABÉIS VISTO "NO MIRES ARRIBA"!!!! (Cambiar meteorito por Groenlandia)

Fanme gracia algúns líderes europeos pedindo que X sexa neutral... Non llo pediron nestes últimos anos á prensa tradicional pero si a unha rede social. Cousas veredes.

Felices Fiestras!!!

Non sei como tomarme os "abalares" que me chegan do neno.

Outra vaca máis no millo. Galleg@s, no sabéis votar!!! Gustaríame saber de donde é.

Algho debe ter esta rede cando ata os cercedenses de @zenzar-rock.bsky.social andan por ela. Viva o rock galego!!!

A parte de Tente e Playmobil (daquela aínda Famóbil), eu, por estas datas, sempre pedía algo destes tres.

E eu que lin que pedía que a indemnizaran a ela... Anda que...

Outra vez? Esta é a pregunta que fan os axentes cando @s veciñ@s da miña rúa chaman polos problemas de sempre. Esa pregunta é válida se en algún momento ti pensaches que solucionaras algo. Pero se nunca o intentaches, non ten cabida.

Para terxiversar a realidade primeiro haise que informar, se, como no caso de X, se intenta acabar cos medios, donde se van informar para desinformar? Fai o que eu che diga e non o que eu faga.

Vexo moit@ listo da capital explicándonos a nosa realidade, como se foramos bichos raros por votar a según quen, por ter unha tele pública en decadencia... A nós aquí, ás veces, os alcolitros non nos deixan ver o bosque. Pero eles? Que excusa teñen eles? (Sen que lle falte parte de razón, ollo)

Eu isto solucioneino con creatividade, pactei o mantemento dos rapaces cunha multinacional. Non lles faltará de nada ata que precisen os seus órganos.

Científicos do mundo, hai un político deste país que afirma que, entre vós, estase a impoñer a teoría da creación sobre a da evolución. De ser así, que edición da biblia me recomendades?

Gústame isto do Bluesky. X parecía un after hour, eu xa teño unha idade e vanme máis o vermú e o tardeo.

Isto que aquí vos traigho, é o queda dunha das bolsas "especial edition" de Patatas Bonilla con patacas berghantiñanas. Oprah Winfrey ainda non as catou. Eu ainda teño máis. 😉

Pablo Motos y su versión alternativa de la polémica con #LaRevuelta

Eu son TVE e hoxe estiro La Resistencia ata ás 12 da noite. É máis, volvo poñer o vídeo dos cervos ao remate e en bucle.