Profile avatar
celsomilleiro.bsky.social
333 posts 151 followers 199 following
Prolific Poster

Van entrando pouco a pouco, e cando te deas conta dependerás deles. É a Galiza que funciona do PP.

A Galiza que funciona do PP e de Rueda.

Isto non sae nos medios de comunicación...porque se lles vería o plumeiro, a súa hipocrisía. Isto non vai da democracia nin da liberdade....isto vai de negocio, e os que noutrora falaban de libre mercado perden terreo perante o avance chinés e ruso. Velaí todo....

Unha parte do pobo galego vota por unha opción política que non os defende, senón que se pón ao servizo dos intereses do gran capital, sen que Galiza saque nada ao respecto.

Venecia prohibe fondear os grandes cruceiros; Palma de Mallorca limita a 3* o número máximo de cruceiros por día, medida que estuda Barcelona, que está negociando co porto reducir este turismo Mentres tanto, hoxe a prensa coruñesa lanza foguetes pola chegada de 5 cruceiros ao mesmo tempo _ *Corrixo

Hai moito español que cada dous por tres andan dicindo que lles están pagando o soldo aos políticos nacionalistas e soberanistas. Sempre esquecen aos votantes, no Estado Español case 2 millóns de persoas votaron por estas opcións, eu tamén. Ao igual que o resto pagamos relixiosamente impostos.

Non só en publicidade senón en agochar e manipular a realidade, OLLO!!

Disque desde as dereitas que non hai liberdade. Curiosamente son as esquerdas as que máis padecen a falla de liberdade nun sistema capitalista que manipulan e controlan a información en beneficio do capital. Alguén veu a eses criticar aos medios de comunicación sistémicos?

Son consciente do problema para sectores da nosa economía. Pero erramos se pensamos que a causa é Trump. A causa é o imperialismo norteamericano, impuxo no seu momento a globalización e semella que agora quere impoñer o proteccionismo. Trump é un síntoma, ataquemos a causa.

Non son "rojo" por defender o dereito á vivenda, nin por estar en contra do gasto armamentístico, nin por defender a sanidade pública, nin por loitar contra o espolio da oligarquía transnacional que reprime aos de abaixo. Eu o que son é "VERMELLO" pq defendo ademais o dereito da Galiza a decidir.

O PP sempre coa mesma cantinela cara o BNG: Se os do Non, que se a UPG, que se o home do saco...

Non entendo moito de economía, mais os EUA vai entrar nunha gran crise de liquidez, por mor da gran débeda pública que teñen, eis o gran problema de fondo. Se os chineses venden a débeda pública que teñen dos EUA, estes teñen que revendela se nenguén llo compra, medrando os intereses a pagar por USA

1. As consecuencias das políticas de dereitas. 2. De dereitas só? non, son tamén as políticas dos gobernos centralistas. 3. Lembremos como o PsoE, co apoio da Xunta do PP, venderon os nosos tecidos produtivos, desde o Naval (co maior estaleiro de Europa), pasando polo lácteo, cárnico e pesqueiro.

Esta táboa explica ás claras todo, mesmo a guerra na Ucraína, o medre das bases dos EUA ou ampliación da OTAN cara Rusia. Máis tamén explica o problema do rearme e das políticas de Trump. Galiza atravesa unha grave crise coa sanidade deteriorada, Altri, .... e as consecuencias futuras dos aranceis,

Cal é a diferencia entre Fraga e o dúo Feixóo / Rueda?. É moi doado. Fraga vendía Galiza a España, chorando de emoción polo sacrificio que facía a nosa Terra por aniquilar o tecido produtivo. Os outros dous venderon a Galiza á gran oligarquía transnacional para que se forren.

Hai uns día Galicia Confidencial comentaba que o 54% dos galegos e galegas non chegaban a fin....os ricos cada vez máis ricos e os pobres cada vez máis pobres e preocupados pola migración, os musulmáns, os okupas para que non pensen quen realmente os empobrecen.

Moito medo debe ter o PP en Galiza, para ver o campañón que están facendo contra o BNG. En conclusión, moi ben o deben de estar facendo os bloqueiros para que unha conselleira da Xunta estea nunha campaña contra a organización frontista e contra a súa lider Ana Pontón.

A hipocrisía da UE...

Este domingo 6, mobilízate pola sanidade pública. Deféndea dos ataques do PP! Consulta no noso Whatsapp a lista actualizada de autobuses previstos: 🔗 https://f.mtr.cool/mnqynsxvwd

Imos ver, o PP existe para defender outros intereses alleos aos do pobo. Non cho din á cara, mais a súa praxe é ben coñecida.

A noticia é do 2023. Mais a Área Sanitaria de Pontevedra ten o maior índice de enfermedades respiratorias por poboación de toda Galiza.

Que xente máis solidaria. Dan cartos a Ucraína que despois esta ten que devolver. En resume, importoulles un pemento a invasión rusa da Ucraína. A xogada fica clara...os ucrainos son vítimas dunha guerra que a inciara anos antes a CIA, os EEUU e o seu brazo tonto: a UE.

Imaxes como estas percorren as redes sociais. Son os soldados de Israel maltratando a civiles palestinos. Non vos preocupedes, estes son os amigos dos EUA e polo tanto non nos importa. O malvado é Putin disque nos vai a mandar un cohete e vai invadir moitos países...porque si, di a UE.

Ampliación da OTAN, gastan máis do tripe en defensa que Rusia, novas bases OTAN ao longo e ancho de Rusia, promovendo golpes de estados en países con gobernos próximos a Rusia....a política do medo, para que os EEUU podan facer caixa coa industria armamentística e sacar da crise na que están metidos

Trabúcanse quen pensa que isto vai duns tolos chamados Trump e Putin. Isto vai de capitalismo puro e duro. Coa caída do muro de Berlin os EEUU e a UE, que dominaban o mercado, falaban de LIBRE MERCADO. Cando xurdiron novos contrincantes, deixaron o Libre Mercado para falarmos de GUERRA.

Estamos na Europa dos idiotas, mais sen esquecer tamén que se trata dunha clase dirixente ao servizo dos mercaderes e do capital, por iso están alí.

Non creades aos mesmos que vos falan constantemente de democracia, de liberdade, de constitución, etc. Son os mesmos que sodomizan todos os días esas palabras. Para eles son como un totem sagrado que lles dá dereito de pernada ou patente de corso para facer todo o contrario.

Unha vez máis Galiza volve ser sodomizada, mentres a Xunta do PP chora de emoción e ledicia.

Abraiado estou co entusiasmo cos xornalistas que participan no programa de Hoy por Hoy. Hoxe ás 6:30 sae unha comentarista criticando á "esquerda fraternalista" e defendendo o rearme para quitar ao sátrapa de Putin. E hainos quen pensan que estes son de esquerdas...e hainos quen crea no voto útil.

O negocio é o negocio.

Cando faledes de que votamos os galegos e é porque queremos, lembrade este video e entenderedes moitas cousas. Os de Telemadrid e Ayuso só son aprendices do que acontece na Galiza.

Isto é a corrupción do PP na Galiza

Charles Chaplin adiantado ao seu tempo? Os mesmos que berran LIBERDADE...e as súas consecuencias.

Ridículo da dereita mediática galega hoxe no quiosco. El País abre a portada cunha foto a catro columnas da manifestación contra Altri. Faro de Vigo e La Voz de Galicia agóchana nunha esquina. É o que ten vivir dos cartos da Xunta e das multinacionais.

Altri é como cargarte o Museu do Pobo Galego para poñer un McDonald´s e chamarlle a ese cambio PROGRESO. Pois Altri nin crea emprego, nin é ecolóxica nin é futuro económico. Altri é o síntoma dun País colonizado, é dicir ao servizo doutros intereses alleos ao do pobo.

Non á guerra...os cartos dos nosos impostos para gastos sociais, infraestructuras, investigación I+D...

Pois iso, un chisco de humor perante a idiotez.

Visto o silencio da UE con Palestina, quen son eles para falar de Ucraína e de seguridade europea?

Este é o puñetero nivel dos dirixentes políticos da UE, os señores da guerra. Noxo dan...e as nosas vidas están nas súas mans.

O mundo dos idiotas. Si en grande: IDIOTAS.