Profile avatar
gciencia.bsky.social
Xornalismo + Divulgación
816 posts 736 followers 33 following
Prolific Poster

🔬Certas alteracións do ADN mitocondrial poden ser clave para a aparición de cancro, enfermidades hereditarias ou vinculadas ao avellentamento. Agora, un equipo investigador logrou modificar certas mutacións utilizando unha nova ferramenta👇

🍹A hostalaría é un dos motores económicos do país e representa un 6,7% do PIB total. Galicia conta cun dos graos de xestión no sector con mellor inserción laboral do mercado👇

Cales son as principais causas de morte en Galicia? De que falecen os galegos? Os últimos datos do INE ofrecen unha radiografía das enfermidades que causaron unha maior mortalidade no país en 2024. Contámoscho aquí 👇

Universo Cantigas. Ese é o nome dun proxecto que leva xestándose 15 anos e que busca recompilar 1.683 cantigas de todos os xéneros tanto en formato dixital como impreso. Colaboran a @usc.gal, a @uvigo.bsky.social e a @udc.gal 👇

🛰️ SATMAR xa está en órbita! O novo satélite da empresa galega Alén Space lanzouse o pasado luns dende California. O obxectivo? Contribuír a dixitalizar o sector marítimo 🌊👇

💊 O paracetamol, un analxésico e antipirético común, fabrícase cun derivado dos combustibles fósiles. Agora, un equipo de Reino Unido acaba de crealo a partir da bacteria E. coli nun proceso que non produce emisións de carbono 👇

🧠A detección temperá de enfermidades como o alzhéimer ou o párkinson é crucial para comezar un tratamento o máis pronto posible. Un equipo galego desenvolveu unha plataforma que acelera o seu diagnóstico👇

🗣️ Os apelidos son unha boa ferramenta para entender o pasado. Esa é a tese pola que un equipo do @ilgusc.bsky.social e do @citmaga.bsky.social estudou a distribución dos nomes familiares en Galicia. Sabías que os seus límites son semellantes aos das dioceses e dialectos? 👇

Preparados para a noite de San Xoán? 🔥 🐟 Ademais das fogueiras, o máis típico son as sardiñas. Xa as mercaches? Se non, lembramos esta peza sobre os beneficios deste peixe para a saúde e o medio ambiente 👇

💣 Que acontecería se unha bomba atómica como a de Hiroshima e Nagasaki caese no teu concello? Cal sería o radio de acción? Podes comprobalo neste mapa interactivo! Hoxe, en #tolociencia 👇

🌌Entre 2016 e 2018, unha rede de antenas detectou dúas sinais de radio que espertaron unha grande expectación na comunidade científica. Agora, un estudo coordinado polo @igfae.gal afonda neste misterio👇

🐟 Revolucionar a produción de pensos para a acuicultura. Ese é o obxectivo cun equipo do CIM, da @uvigo.bsky.social , que propón subtituír as proteínas vexetais por outras procedentes dos residuos das macroalgas 👇

💻 Tes un mal día e necesitas desafogarte. Escríbeslle a ChatGPT e notas empatía e cercanía, aínda que sexa un chatbot. Esta práctica, que pode ser moi útil en determinados contextos, tamén ten moitos riscos. Contámoschos 👇

📜 Sabías que o Concello de Lugo mercou un escravo africano o 30 de maio de 1705? Exercía o oficio de músico en bandos e pregóns e dedicábase a limpar prazas e outros espazos públicos. Esta é a historia completa do esquecido Manuel Sosa 👇

🧸Un recordatorio para concienciar aos nenos sobre o medio ambiente. E que, ademais, ofrecen termoterapia e aromaterapia. Estes son os peluches deseñados por estudantes da @usc.gal👇

🪙 A Xunta protexerá sete moedas históricas de "excepcional valor" que sairán a poxa. Pertencían á colección do numismático Antonio Oriol e entre elas podería figurar a primeira peza coa inscrición Galicia 👇

🎉Gústavos ir á verbena? Este premiado estudo do @incipitcsic.bsky.social analizou máis de 350 palcos e sacou algunhas conclusións interesantes sobre como evolucionaron en Galicia👇 www.gciencia.com/perspectivas...

⚖️“Un erro patente e manifesto na valoración de varias probas”. O Tribunal Supremo considera que as pezas do Mestre Mateu (estaban en mans da familia Franco) poden identificarse “sen lugar a dúbidas”. Agora, obriga a devolvelas ao Concello de Santiago👇

🩸 Fito histórico. Así cualificou o equipo do Hospital Álvaro Cunqueiro a administración dunha innovadora terapia contra a hemofilia B. Fíxose este mércores por primeira vez en España e cambiará completamente a vida do paciente 👇

🦠 Levas uns días con malestar estomacal, diarrea e vómitos. Tes gastroenterite ou unha intoxicación alimentaria? Ollo! Non é tan fácil distinguilas 🧐 Pero nós ímolo intentar explicándoche as principais diferenzas. Coñecíalas? 👇

🪙 Estás ante un exemplar rarísimo e probablemente único que se poxará por 15.000 euros. Datada nos tempos dos suevos, hai historiadores que defenden que contén a primeira alusión a Galicia nunha moeda 👇

♻️Residuos nas augas, a ocupación de terreos públicos, o impacto proxecto de Altri... Estes son os principais motivos das seis bandeiras negras que rexistra Galicia👇

🧬 A detección dunha mutación no xene MC1R, que outorga unha cor avermellada ou alaranxada no cabelo, foi clave para identificar o culpable do asasinato de Elisa Abruñedo 👇

🩸É unha enfermidade que afecta a 5 de cada 100.000 varóns e a única posible cura para oito pacientes afectados. O tratamento para a hemofilia B chega a Galicia👇

🪱 O proceso evolutivo das miñocas desafía a teoría de Darwin. Si, si, como les. Un estudo demostra que os vermes de mar romperon o seu xenoma en mil anacos para reconstruílo de forma radicalmente distinta cando pisaron terra firme hai 200 millóns de anos👇

🥵Ata 41,2 graos de máximas viviron en Leiro este martes, seguido por unha noite tropical. A Xunta mantén, de momento, o nivel 1 de alerta👇

☕️ Canto café tomas ao día? Sabías que pode interferir con diferentes tipos de medicación como os antidepresivos e os fármacos para o TDAH? Contámoscho neste artigo de @es.theconversation.com 👇

🐟 Era un peixe moi abundante a comezos do século XX. Apenas unhas décadas despois, as presas e a sobrepesca fixérono desaparecer. Falamos dos esturións, unha das especies máis ameazadas do mundo👇🏼

🥵 A cidade de Ourense e o concello de Leiro xa superaron os 40 graos nunha xornada de calor abafante en Galicia. As temperaturas extremas levan a Xunta á activar o nivel 1 de alerta 👇

🖋️ Avelina Valladares foi unha poeta moi recoñecida no seu tempo, pero esquecida durante décadas GCiencia, da man do Concello da Estrada, elabora unha unidade didáctica polo bicentenario do seu nacemento 👇

☀️Galicia vive un episodio de altas temperaturas, con varias cidades por encima dos 30 graos e con puntos que poden achegarse aos 40. Comer máis ensaladas ou beber auga sen esperar a ter sede son algunhas recomendacións para afrontar a calor👇

🟡Un estudo da @uvigo.bsky.social analizou como afecta a condición física na posibilidade de ter cancro. Ter sobrepeso ou obesidade pode aumentar moito o risco👇

📱Dificultades para ler, escribir ou durmir. Son algunhas das consecuencias da sobreexposición dos nenos ás pantallas. A pesar diso, un 44,5% dos nenos galegos están máis dunha hora fronte a estes dispositivos durante a semana👇

🦠 A OMS prevé a fin da hepatite C en 2030, pero Galicia pode conseguilo o ano que vén. A través do cribado implantado hai dous anos xa se detectaron 372 infeccións activas 👇

💊🫀 O Ozempic axuda na prevención de enfermidades cardiovasculares? Un estudo galego sinala a semaglutida, un fármaco antidiábetico, como posible estratexia terapéutica para evitar este tipo de patoloxías. Contámoscho aquí 👇

☕️🗣️ Que ocorre se mesturamos cafés, coñecemento e moitas ganas de compartir e aprender? Volve o ciclo de charlas abertas do programa de Maiores da @uvigo.bsky.social a Ourense, Pontevedra e Vigo 👇

💊Inxerir algunhas das pílulas para a hipertensión arterial pola noite, por exemplo, reduce o risco de ictus ou de infartos. A efectividade e os efectos secundarios dos medicamentos varían segundo cando os tomemos. Iso recorda este artigo de @es.theconversation.com 👇

Semana de moita calor en Galicia 🥵 A entrada dunha masa de aire procedente do norte de África obriga a acender a alerta laranxa por temperaturas superiores aos 39 graos. Estas son as zonas máis afectadas 👇

Un informe da Universidade de Cambridge advirte que os datos recompilados polas aplicacións de seguimento menstrual poden usarse para vixilancia laboral, acoso dixital e limitar o acceso ao aborto 👇

🤧Seguro que algunha persoa do voso círculo pode ter algunha alerxia (ou quizais sodes vós). Non é raro. Cada vez hai máis, e os científicos teñen máis interese en frear esta tendencia 👇

Documentos do movemento estudantil antifranquista, mapas do século XVI, unha colección de tres millóns de imaxes... Adentrámonos no Arquivo Histórico da @usc.gal e descubrimos todos os seus segredos. Acompáñasnos?👇

🦟O mosquito tigre volve aparecer este ano en Vigo e Moaña. Aínda que o risco para a saúde pública é baixo, a súa expansión parece imparable👇

🌊 Un equipo do @vi.ieo.es acaba de descubrir unha nova especie de microalga. Vive en sedimentos areosos e a boa noticia é que non presenta toxicidade para o marisco nin para a saúde humana 👇

ENTREVISTA 🗣️ | “A ciencia non só fai a nosa vida mellor; moitas veces faina posible”. Así se expresa o divulgador Eduardo Sáenz de Cabezón, que impartiu un relatorio no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago. Falamos con el da desinformación e de como espertar o amor polas matemáticas 👇

🐺O pasado mércores o TSXG paralizou a caza do lobo de forma cautelar. A historia da súa protección está chea de polémica, e vén de lonxe👇 www.gciencia.com/medioambient...

🧫Dende suplementos ata combustibles ou incluso armas químicas. As microalgas son fonte de revolucionarias innovacións👇

A publicación da Universidade de Vigo incorpora conversas en estilo directo e, por primeira vez, unha versión en formato audiolibro. #divulgación #vocacións UCC+i ‪‪@uvigo.bsky.social‬

🔬Aeroxeles estériles, innovadores tratamentos para a obesidade, proxectos de divulgación... Estes son os galardoados polos premios da Real Academia Galega de Ciencias 👇

🐺Paralizada a caza do lobo en Galicia. O TSXG considera que a viabilidade das poboacións non están suficientemente probadas👇

🕷️ Sóache a febre botonosa mediterránea? E a anaplasmose? E a encefalite transmitida por carrachas? Son algunhas das enfermidades que poden transmitir as especies que hai en Galicia, máis alá das coñecidas doenzas de Lyme e de Crimea-Congo 👇